EL SENTIDO COMO CREACIÓN COLECTIVA

Esposición: CASUS BELLI + REFUTACIÓN DO CONTEXTO
(Conflitos de recepción na arte contemporánea)
Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
Do 6 de abril ao 17 de xullo, 2011. Inauguración, 6 de abril ás 19.30 h.
COMISARIADO: Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño.
ARTISTAS: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco, Proxecto Ocultacións.
PRODUCIÓN GRÁFICA: Uqui Permui

martes, 29 de marzo de 2011

UQUI PERMUI


UQUI PERMUI deseñou a marabillosa imaxen da exposición. O nabo como misil terra-terra, nesta guerra do tempo. Pedímoslle que se explicara un pouco máis e...


"AMIGO —e isto?
DESEÑADORA —un nabo…
A —non, iso xa o vexo…
D —é a imaxe para a exposición Casus Belli, a exposición pretende cuestionar o contexto de recepción  da obra, e os conflitos de recepción que con leva unha obra cando se presenta cara ao público… –comenta a deseñadora, mentres saca da carpeta outras gráficas–
A —esa é chula…
D —si, pero a descartamos por ser demasiado evidente, nos primeiros bosquexos, fun directo as sinais gráficas sobre a reutilización do material e a cruz de “eliminación”. Dende as primeiras conversas que tiven cos comisarios, lembreime da imaxe gráfica da decima Documenta (a X que tachaba o D) sempre me pareceu moi afortunada.
A —e esta?
D —si, esta podaría ser… pero o nabo é máis potente… dende que fixen o nabo non me vale ningunha outra.
A —Semella un ramo de bombas antiaéreas… é por iso? Casus Belli
D —non… –di ríndose– non pensara en iso… penso que o nabo e a nabiza funciona como un emblema, sobre o visible e o invisible, é dalgún xeito a refutación do contexto, depende de onde naza pode ser aceptada ou rexeitada unha parte dela… e non sempre a mesma."

(Uqui Permui) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario