EL SENTIDO COMO CREACIÓN COLECTIVA

Esposición: CASUS BELLI + REFUTACIÓN DO CONTEXTO
(Conflitos de recepción na arte contemporánea)
Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
Do 6 de abril ao 17 de xullo, 2011. Inauguración, 6 de abril ás 19.30 h.
COMISARIADO: Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño.
ARTISTAS: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco, Proxecto Ocultacións.
PRODUCIÓN GRÁFICA: Uqui Permui

sábado, 26 de marzo de 2011

MANUEL MOLDES

UN CASO DE PURA E DURA CENSURA

"O Cristo das Rías Baixas"
Oléo / Lenzo - 278 x 220 cm. - 1985



“A polémica non estivo ausente nesta VIII Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. Unha polémica que apenas transcendeu días despois do acto inaugural, presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor. Antes dese acto, o funcionario responsable da Sección de Cultura da Deputación Provincial, Manuel Crespo, púxose en contacto telefónico co pintor Manuel Moldes para exporlle a conveniencia de retirar un dos seus cadros de gran formato: O Cristo dás Rías Baixas. Esta concisa nota de Xosé María Palmeiro, publicada no diario El País o 13 de agosto de 1985, é unha das contadas referencias que a prensa escrita, e polo tanto, a historiografía da época, adicou a este acto de censura pura e dura, ou censura sen disimulo.

“O Cristo das Rías Baixas” cadro realizado polo pintor Manuel Moldes, para figurar na sección “Figuración actual” da VIII Bienal Nacional de Arte de Pontevedra, comisariada por Aurora García, foi literalmente descolgado das paredes da exposición pouco antes da inauguración para “non ferir a sensibilidade dos visitantes, e moi especialmente a do señor Presidente da Xunta”, persona, ao parecer, de arraigadas crenzas relixiosas. Mentres permaneceu aberta ao público a exposición nas salas da Deputación, o cadro de Moldes mantívose oculto tras unhas cortinas de veludo granate no Salón de Actos desa institución provincial, onde acudían a contemplalo os afeccionados e curiosos, que ían correndo a voz.

O autor da obra, que se negou a dar o seu consentimento, e que xa tiña denunciado en público os feitos como “un atentado á liberdade de expresión” (Faro de Vigo, 11-8-85), quedou só e viu desaparecer o seu cadro, non só da exposición, senón tamén do catálogo, e de toda referencia ao “Cristo” na comunicación escrita da Bienal, incluídos os debates e as mesas redondas que se foron celebrando ao longo de todo o verán ó redor das cuestións artísticas que a exposición abordaba. Tratábase, agora ben se comproba, dun “atentado normal”. Para qué máis voltas?


O silencio foi total, e o caso pechouse sen chegar sequera a abrirse. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario